EN NAVIA HAY “PERROS DEL HORTELANO”
Supongo que para todos, el pueblo donde hemos nacido es el mejor del mundo, eso es lo que me pasa a mi con Navia de Suarna, en realidad es un sitio bonito, tranquilo, rodeado de montañas con un castillo y un puente medieval y dos ríos que lo cruzan. En fin es el típico sitio para pasar unos días y pasear, hacer senderismo, pescar ó simplemente bañarse en el río y tumbarse a la bartola. Luego por la noche se puede escoger entre una terraza ó unas copitas en cualquier bar. Lo peor que tiene Navia, es que tiene algo que yo llamaría algún “PERRO DE HORTELANO” personas a las que parece que no les interesa que el Municipio prospere, si no es en beneficio suyo. Durante los últimos años en los que gobernó el PP el Ayuntamiento, se perdieron subvenciones simplemente por desidia, no se han hecho obras necesarias (agua potable) se sigue bombeando del río, etc. Eso sí ahora son muy diligentes para reclamar al PSOE en un año, lo que ellos no han hecho en veinte. Hablando de “PERROS DE HORTELANO” podríamos hablar de ¿por qué algún Concejal de la oposición tiene tanto empeño en que no se lleve a cabo lo del Parque Natural? No será casualidad que creo que es el Presidente de la federación de caza e industrial de la madera. La declaración de Parque Natural, traería dinero y beneficios a una zona muy deprimida y que su única solución es el turismo, pero alguno antepone su ambición personal al bien común. Me dicen que han cambiado la fiesta del emigrante al 21-22 de Agosto, parece ser que “EL PERRO DEL HORTELANO” va hacer una fiesta el día 15, cuando este día siempre se celebró la otra y es probable que a finales de Agosto ya no queden EMIGRANTES. Por cierto ¿hay alguna fiesta en Julio?
Quinto aniversario del asesinato de José Couso
VIAJE DE DOS AMIGOS EN AGOSTO POR LOS ANCARES LUCENSES
Como casi tódolos anos, a pasado Venres 24 de Agosto fixen a miña particular "Viaxe polos Ancares", acompañado dun grande conversador, o amigo "San Galochín de Grandela".
Saimos da Proba de Navia de Suarna e collemos pola estrada de Rao, contemplando en toda a súa dimensión o Val do Rao, coas conseguintes paradas en: Serra Morela, Becerral, Pena Castelo, Coro e a Pumarega de Rao, onde ademáis de disfrutar dos seus castiñeiros centenarios, aproveitamos para tomarnos un refrixerio na Cantina "Cabozo".
A parada en Coro foi un pouco máis prolongada porque o meu acompañante ainda non disfrutara da Rehabilitación, ¡ainda por rematar!, que se levou a cabo neste pobo. Como vos podedes imaxinar, os que xa coñecedes Coro, San Galochín disfrutou moitísimo coa Arquitectura das casas e a hospitalidade das súas xentes, moitos aínda de vacacións. E aínda que a rehabilitación, realizada, ate o de agora, pareceulle bastante ben, comentaba que era unha mágoa que os responsables da rehabilitación non se esforzaran un pouco máis e se preocuparan de que resultara un pouco máis agradable en lugar de meter tanto formigón.
Despois do refrixerio do Cabozo, en Rao, collémolo coche para afrontar o Canón do Valouta. Logo de pasar por Robledo e subir pola "serpe" que conduce ata Murias, parada obrigada para observar as grandes rehabilitacións de casas e construccións novas que se están a facer neste pobo, o cal demostra que se trata do pobo con máis vida do Val do Rao, sobre todo no verán, chegamos ata o Mirador (non coñezo o nome concreto deste lugar) que está enfronte de Penafundicio e dende onde se pode observar, para un lado, o Val do Rao en toda a súa amplitude, a “serpe” pola que subimos ata Murias (dende aquí, San Galochín entendeu por que, cando ibamos por esta estrada eu lle dicía que estabamos subindo pola “serpe”, pois dende este mirador, as formas da estrada, debuxan unha auténtica “serpe”), e os Curtíns restaurados, tanto de Robledo como na ladeira de Coro. E para o outro lado amósasenos o comezo do “Gran Canón do....Valouta” de onde sairon tantas e tantas toneladas de rebolas para facer as travesas dos ferrocarris españoles. ¿Como sería este canón se non sufrira semellante desfeita? E ¿a cambio de que?...
Neste intre quero lembrar o comentario que me fixo un amigo de Ferrol cando, hai xa uns anos, acompañados por algún daqueles homes de Abres, que estiveron sacando a madeira deste canón e cando nos contaban as peripecias e os artiluxios que tiñan que facer para sacala, o meu amigo dixo, moi cabreado: “¡Que teñamos que tragar todas esas películas americanas do descubrimento do Oeste cando os esforzos para sacar adiante todo esto foron tan importantes ou máis, e non o valoramos!.
Ben, despois deste recordo sentimental, continuamos a marcha a carón do Rio Valouta, que nos acompañou cos seus torrentes durante todo o recorrido, contemplando a autoreforestación das rebolas e as correntes de Pedrizas a todo o longo do Val do Valouta.
“Valouta ben vale unha....Comida” moito mellor que unha Misa. E senon que llo digan aos Valouties: “De Valouta al Cielo y de mala gana”.
O certo é que a estas alturas da viaxe xa traiamos algo de fame. E que mellor sitio para xantar que o Centro de Turismo Rural “Miravalles” dirixido pola familia Alexo. Soio cos Entremeses, a base de embutidos da zona: cecina, chourizos, tanto de porco como de vaca, queixo e xamón, ún, pouco máis necesita para continuar coa viaxe. Pero bueno, despois dunha copiosa comida e dun bon café con gotas, naturalmente, e ademáis como o día, ainda que parecera un miragre neste mes de Agosto, acompañaba, decidimos dármonos un paseo polo pobo, que tamén ¡ben o merece!. En Valouta, si tiveron un pouco máis de coidado a hora de utilizar o formigón nos camiños e fixéronos de pedra. Pero a nosa sorpresa foi cando nos atopamos co abandono no que estaban algunhas das Pallozas emblemáticas do pobo. Claro que a explicación pode estar no cartel que vimos na porta dunha delas, que dicía que o motivo do abandono era porque a Junta de Castilla e León suspendera as axudas para a súa conservación e ben sabemos o difícil que resulta o mantemento destas edificacións tan importantes.
Aparte das Pallozas, hai que dicir que Valouta parece que tamén está vivindo unha segunda xuventude pois atopámonos con moitas casas rehabilitadas, así como a Igrexa, e tamén con novas construccións moi coidadas e acordes co entorno, a maioría delas.
Estabamos moi a gosto en Valouta pero ainda nos quedaba por facer case a metade do camiño previsto. Polo tanto encaramos o coche cara o emblemático Porto de Ancares:
“Si pasas el Puerto de Ancares
no lo pases muchas veces
que tiene la boca grande
y papa a los ancareses”.
Pero bueno a nosa intención non era pasalo, senon simplemente sentirmonos os amos do mundo coas paisaxes que dende ali se dominan, tanto hacia o lado do Val do Cares, onde se divisa ata Ponferrada como do lado de Galicia, onde podemos ver ata A Fonsagrada. Dende o Porto tamén poidemos comprobar o baixos que parecen dende aquí os Picos Miravalles (1966 m.) e Cuiña (1987m.), non esquezamos que no Porto estamos a 1769m. de altitude. E dende o mirador tamén poidemos ver Valouta a vista de paxaro.
Como na nosa viaxe non tiñamos programado pasar o Porto de Ancares, collémolo coche e voltamos hacia atrás cara a Cruz da Cespedosa, non sen antes parar no mirador de Suarbol e Piornedo. Unha vez na Cruz da Cespedosa, collémola estrada que nos levaría ata Suarbol e que divide en dúas a Campa da Cespedosa, de tan grato recordo para o meu acompañante dalgunha das canfurnadas que anos atrás celebraban os Naviegos por estes lares. Despois de pasar esas reviradas curvas, coas que nos deleitaron os proxectistas desta estrada, chegamos ata avistar, dende o aire, ese contraste, tan forte, que ofrecen esas casas de granito gris e lousados negros do pobo de Suarbol. Todos lembraredes as historias que se contan de cando arderon as Pallozas.
E, como non, aparcámolo coche e baixamos a pé para disfrutalo, máis polo miudo.
Xa ao comezo do noso paseo por Suarbol, tanto San Galochín coma eu, comentamos sobre a variedade de tipos de pedras e construcións que nos podemos atopar, nos distintos pobos polos que fumos pasando. Queda claro que, nos tempos en que se construiron, non había Almacéns de Materiales de Construcción nin Transporte nin por onde transportalos. O que si sorprende en Suarbol é o tamaño das pedras de granito, da maioría das casas, e os artiluxios que se tiveron que inventar para colocalas no seu sitio.
Outra cousa que nos sorprendeu, neste paseo por Suarbol, foi que había moitas casas abertas e con xente, cousa que a este narrador lle chamou a atención pois noutras viaxes a sensación sempre era de soedade (naturalmente debía de ser noutras épocas do ano). Ao ver tanta xente pensei na posibilidade de que entreles estivera Noelia, a webmestra da Páxina web de Suarbol (www.suarbol.iespana.es) e ocurriúseme preguntarlle a unha das rapazas que atopamos, no noso paseo, e efectivamente alí estaba. Ela, moi amablemente, acompañóunos ata a súa casa. ¿Cal non sería a sorpresa da xoven Noelia cando lle informaron que uns vellos de barba canosa preguntaban por ela?. Non queríamos máis que saudarte personalmente pois sempre é moito máis agradable que ter que facelo, coma xa o temos feito nalgunha ocasión, a través dos fios de internet. Da gusto atoparse con xóvenes tan guapas e agradables e con tantas ganas de facer cousas e sobre todo con tanto respecto polo que fixeron o seus antepasados.
Despóis de charlar un rato sobre o pobo e sobre as modificacións que vai facer na páxina, gracias aos cartos que recadou coa venta de camisetas na Festa de Suarbol, e a pesar da moita insistencia en que paráramos un rato a tomar algo na súa casa, tivemos que marchar porque a tarde se nos votaba enriba e ainda nos quedaba bastante camiño que percorrer.
Despóis de atravesar esa maravillosa Carballeira que hai entre Suarbol e Piornedo, non sei si lograron dominar esa praga que a ameazaba, segundo a prensa, voltamos a entrar na provincia de Lugo e chegamos ata Piornedo.
¡Como non!, unha vez deixado o coche ao lado da fonte da entrada e polo tanto moi cerca do Teixo milenario, diriximos os nosos pasos hacia a Cantina Mustallar e a Palloza Museo para tentar saudar ao noso común amigo Fuco. Polo camiño atopámonos a Isolina, a muller de Fuco que estaba preparando o escenario para o Festival de Pandeira, con vellos Pandeireiros (non sei si se dí asi) da zona, de Galicia, Asturies e León, que se iba celebrar ao día seguinte. ¡Como se nota cando o que organiza as cousas é alguén con amor polo que fai!, o escenario que estaban montando non era o típico Palco alugado ou o remolque de calquer tractor. Era un escenario feito de tabla exprofeso para a ocasión..¡E eso que non o vimos rematado!.
Efectivamente, na Palloza museo, estaba Fuco, tan amable coma sempre con todo aquel que ten algún un interés por coñecer algo máis do que foi e é a historia de Piornedo e a súa zona. Despois dos saudos de rigor e comentarios sobre o tempo deste verán, adentrámonos na Palloza que, tanto eu como San Galochín, xa visitaramos noutras ocasións, para ver unhas fotos que están na Palloza de tres Gaiteiros ilustres da zona: O Poso, O Mixo (perdóame Xosé María, aproveito que non estás para podercho chamar) e outro que non lembro e que naturalmente San Galochín, como bo gaiteiro que é, coñecía toda a súa historia.
Despóis de quedar citados con Fuco para vernos na Proba, sobre os carros da Peña “Chova ou Neve”, da cal Fuco é o Gaiteiro oficial, o Luns da Festa, despedímonos dél e fumos tomar un café ao Hostal, onde San Galochín ainda non estivera dende a súa remodelación o que eu aproveitei para ensinarlle o maravilloso salón con esa cristaleira dende onde se domina todo o Val do Ser por onde ibamos a pasar de regreso a Proba.
Da viaxe polo Val do Ser pouco teño que contar pois apenas paramos porque xa xe nos votaba a noite enriba. Si, paramos unha vez no “Sendo” (esta obra inaugurouse “sendo”.....) e naturalmente o señor Cacharro tamén ten por aquí o seu “Sendo”. E non en calquer sitio, se non nun dos miradores onde mellor se pode observar a beleza deste Val.
Ben, supoño que a maioría dos lectores deste caderno de viaxe non chegarían ata aquí, polo rollo que metín. A razón de facelo asi é para tratar de demostrar que o importante das viaxes non só son as cousas que se poden ver se non as vivencias que tamén se poden ter e por eso, sempre digo que “Os Ancares non basta con velos, ¡hai que vivilos!”.
El plan de ordenación de Os Ancares prevé la protección de 30 hábitats
La Consellería de Medio Ambiente elaboró un documento preliminar que quiere consensuar con los vecinos
Ecologistas piden una mayor implicación de la Xunta y los políticos para explicar los beneficios de la propuesta
[ Máis ]No hay voluntad por parte de la Iglesia católica de que se haga justicia
Premian con el Ortega y Gasset de periodismo un trabajo sobre la pederastia clerical en México[ Máis ]
"Aznar+Losantos+Rouco=Aguirre"
“Si no quieres que la Sanidad acabe como la de Madrid, a medio privatizar”, si “crees que España va más allá de la Meseta y que Madrid no es el centro del universo”, si “todavía te acuerdas de la ministra de Cultura más ridícula de la historia” o si “no te gustan los tamayazos y pucherazos para que gente sin escrúpulos se haga con el poder” lo mejor es “no votar a Espe ni harto vino”.
[ Máis ]
