CRÓNICA DA RUTA A PÉ "CORO-CORO POR PICO DE SURCIO" (9-8-2008)

mércores 27 agosto 2008

Antes de pasar a facer a crónica de como resultou a Ruta, quero dar a máis grande Noraboa a todos os participantes pois teño que recoñecer que a paixón puido comigo e preparei unha ruta que efectivamente resultaba moi longa e que só a ilusión e o pracer por camiñar podía facer que a xente fora capaz de facela completa. Como se pode comprobar no anuncio da Ruta dicía que eran arredor de 20 km. Pero en realidade, despois de varias medicións sabía que realmente, como mínimo, eran 23 Km. E salvo ese incidente de Hector que por non ataparse en plenas condicións físicas, como nél soe ser habitual, hai que dicir que casi todos fixeron todo o percorrido disfrutando da paisaxe e da convivencia. O Val do Rao ben merece ese esforzo, ¡Noraboa!.


 

 

 

Como estaba previsto, entre as 10:30 h. e as 11:00 h. fúmonos concentrando diante do Barullo onde nos convidaron a uns cafés para estimularnos antes de comezar a marcha. Puntualmente, as once , hora non moi axeitada para este tipo de rutas, pero condicionada pola procedencia dalgúns dos participantes (Ponferrada, A Proba, Castañedo), comezamos a ruta polo camín vello hacia Murias. Penso que esta ruta non podía ter mellor comezo pois este camín, en chao e con sombras animou moito aos participantes que se lles notaba que estaban con moitas gañas de camiñar.

 

 



Despois de pasar polo Puntigo sobre o rio Murias apareceu a primeira costa, non moi longa, pero entre castiñeiros, ata chegar a estrada de Murias a Balouta. Aquí aparecerón as primeiras dúbidas dalgúns participantes sobre si seríamos capaces de realizar todo o percorrido e decidiuse non facer o tramo que nos levaría ata o Mirador do Canon do Balouta e o paso polo pobo de Murias. Polo tanto decidimos dirixirnos xa, pola estrada, ata Robledo, pasando pola Ponte da Ferrería e pola pedriza de Robledo, onde se atopa o restaurado Curtín de Méndez. Chegados ao pobo de Robledo fixemos a primeira parada para reagruparnos e atravesamos o pobo ata chegar a pista que nos levaría ata o empalme coa de Rao a Pelliceira. O primeiro tramo desta pista transcorre entre castiñeiros e na segunda xa comezamos a padecer o chorro do sol que nos acompañaría ata a Campa de Surcio. ¡Tamén é mala sorte!, todo o mundo queixándose de que este ano non parecía que houbera verán e un dos mellores días veu a ser o que nosoutros eleximos para facer esta camiñata.

 

 



No empalme coa pista de Pelliceira fixemos un novo reagrupamento para inciar o que iba a resultar a parte máis sacrificada da ruta, pola pendente, pero sobre todo polo chorro do sol, dada a hora e porque non hai ningún tipo de sombra dado que a pista vai pola loma da montaña. Case chegando ao Cuatrillón, onde nos tiñamos que apartar da pista para coller o ramal que nos levaría a Campa de Surcio, foi onde Hector se atopou sen forzas para seguir camiñando e Naviega e os seus amigos que tampouco iban moi sobrados, e en solidariedade con Hector, decidiron dar a volta. Estou convencido de que tanto Naviega como os seus amigos, de non ser por acompañar a Hector, terían chegado ata o lugar onde fixemos a comida para recuperar forzas. ¡Viva a solidariedade!.

O resto encaramos o camín ata a Campa de Surcio onde, o que máis e o que menos, pasámolo bastante mal pois era a parte máis dura, tanto pola lonxitude e desnivel da pendente de subida como polo impenitente sol que nos machacaba a esa hora. A máis dun houbo que ir enganandoo coa distancia que nos quedaba pois o desánimo iba apoderándose dél.



¡Por fin! a eso das 14:30h. chegamos á Campa e apartándonos uns 200 mts. do camín atopamos o estanque de auga que utilizan as motobombas en caso de lume. Este estanque, como é lóxico, sírvese dun manantial de auga moi fresca, ainda que a esta altura do ano ten moi pouco caudal. Nunca mellor dito, este manantial veunos "como auga de maio" despois do calor que pasamos na subida a Campa.

 

 

Como se pode comprobar na foto, o lugar non podía ser mais axeitado (campa, auga, sombras de carballos e pinos pero tamén algunha compañía non desexada como as formigas que obrigaron a máis dun a cambiar varias veces de sitio) para recuperar as forzas coas distintas viandas que cada ún levaba preparadas. Hai que destacar o plantexamento das rutas de senderismo que teñen o grupo de Ponferrada, capitaneados por "Toxedo", que nos sorprenderon cunha boa empanada regada cunhas botellas de bo viño refrescado no estanque. Non é de extrañar polo tanto que, na maior parte do percorrido, "Toxedo" fora o que encabezaba a marcha. Queda claro que, para estos senderistas experimentados, o máis importante é pasalo ben e disfrutar mentres se camiña.

 

Despois da comida e de repousar durante un bo rato, co fin de liberarnos un pouco do persistente sol que a esas horas seguía pegando forte, retornamos de novo ao camín de Surcio. Unha vez neste punto, Xacobe e Rositas, tiveron que deixarnos para retornar a Coro para ir preparando a gran merenda coa que nos deleitaron ao final da ruta. O resto dos camiñantes, incluidos Nuria e Xei, que tiñan moitas dúbidas si seguir adiante ou retornar, pero animados polos comentarios que eu lles facía sobre a beleza e comodidade do camín, e confiados en atopar a alguén que os trasladara en coche dende Pelliceira, encaramos os últimos 200 mts. de subida do percorrido polo camín en zig-zag, que fai máis asequible a pendente, cruzando o cortalumes que sube ata Pico Surcio. Neste camín non se me ocurriu mellor cousa que picar aos dous rapaces do grupo, decíndolles que parecía mentira que uns rapaces novos fixeran o camín máis cómodo e longo tendo a posibilidade de poder facelo directamente polo cortalumes que resultaba moito máis curto pero moito máis pendente. Como é lóxico, os rapaces, responderon ao reto e non soio fixeron ese tramo senon que tiraron adiante por todo o cortalumes arriba ata chegar ao propio pico. Aproveito para resaltar que cando se vai en grupo, as variantes que pode facer alguén do grupo, débense comunicar ao resto pois pódense crear incertidumes, como neste caso, que non tiñamos claro que era o que ian facer posteriormente. Afortunadamente decidiron esperarnos no Pico.

 

 

Unha vez rematada esa última subida collimos, a esquerda, o camín vello de Pelliceira. Trátase dun camín totalmente en chao, blando e con sombras e cunhas vistas panorámicas impresionantes que nos permitiron ver o comezo do Val do Rao en Rio de Pé e ata Fonsagrada por arriba, incluso atrévome a dicir que cuns bós prismáticos chegaríamos a ver o mar (si, xa sei que son exaxerado, pero a paixón pódeme). Este camín foi recentemente recuperado por Medio Ambente e eu tiven a sorte de descubrilo gracias a colaboración de "Cabozín" (espero que non lle moleste este nome, fagoo en plan cariñoso), outro gran amante do Val do Rao e penso que tamén membro da páxina, ainda que non lle coñezo o nick. Por este camín chegamos ata o Pastizal de Pelliceira que está no encontro deste camín e a pista de Balouta a Pelliceira

 



Como a marcha dos camiñantes era distinta decidimos reagruparnos na fonte das Fontaiñas, a saída de Pelliceira. Pero ao chegar ao pastizal e ante a aparente facilidade e cercanía da subida ao Pico Surcio e vendo no alto aos dous rapaces, algúns dos camiñantes (Javier, Toño, Mariano, Ramón, Santiago e máis eu, que non podía ser menos), decidimos subir tamén ata o pico. Dado que para Marián non son estos os retos que se plantexa na súa vida e polo tanto non iba a subir ao Surcio, fixo de mensaxeira e avisou ao grupo das Fontaiñas de que podía seguir pois nós íbamos a tardar un pouco. Un "pouco" que se convertiu nun "moito" pois a facilidade era aparente xa que a súbida ao pico levounos arredor de dúas horas. Menos mal que Marián, que nos esperaba nas Fontaiñas, atopouse coa compañía de Paco de Nicandra, que decidiu vir en bici ao noso encontro, queda claro que Paco está feito todo un ciclista de Mountain Bike e un gran conversador que entretivo a longa espera a Marián.

 

 

 

Como xa comentei, a facilidade e cercanía do Surcio era aparente pois nin estaba tan cerca nin resultaba tan fácil e dado que non hai ningún sendeiro tivemos que subir monte a través, eso si, animados en todo momento polos rapaces que xa comezaban a baixar. E ¡Conseguímolo!, tamén nós chegamos ao Pico, como queda demostrado na foto.

Teño que dicir que, ainda que hai anos xa subira este pico, polo cortalumes, esta vez comprobei que o Pico Surcio pode resultar un dos Picos máis atractivos dos Ancares, para os montañeiros, pois a súa dificultade é bantante forte, a pesares de que non é moi alto (1450 mts.), pero non hai sendeiros que te leven ao cume e nos últimos 25 mts. hai que subir, case escalando, por enriba das penas nas que remata o pico.



Como se pode comprobar, as vistas son impresionantes, incluido Coro. Non é de extrañar que o Pico Surcio esté sempre presente cando vamos por calqueira dos lugares do Val do Rao.

 

 

Unha vez reunidos con Marián e Paco, nas Fontaíñas, tomamos o camín de volta pola pista de Pelliceira a Rao que, como é lóxico, é case toda de baixada e, ainda que pareza mentira, posiblemente resultara a parte máis dura da ruta, polo menos para mín, pois xa levábamos uns cantos kilómetros enriba e a baixada fixo sufrir aos nosos pés, xeonllos, cadrís, etc. A altura das Masnadiñas (non estou seguro que se chame asi) descubrín que podía haber outro sendeiro que nos levara ao Cesto da Vara sin ter que voltar polo xa pasado Cuatrillón e que ademáis é unha senda pola que iríamos case todo o tempo polo medio de arbres e que pasaríamos por unha carballeira e un souto de castaños impresionantes que hai case chegando ao Cesto da Vara polo camín que eu, de pequeno, tiña que padecer cada vez que me mandaban ir coas vacas ao prado de Leirela. ¡Cos anos como cambian as visións!.

Despois de pasar polo Cesto da Vara, onde puidemos contemplar, por última vez, a amplitude do Val do Rao dirixímonos a Rao pasando polas Fontes de Arriba e Abaixo, onde aproveitamos para refrescarnos e lavarnos algo. Unha vez chegados á remodelada Pumarega de Rao non resistimos a tentación de tomar unhas cervexas na Taberna Cabozo e comentar con algúns veciños as incidencias da ruta. Esta parada, xunto co retraso producido pola subida ao Pico Surcio fixo que non puideramos cumplir co horario previsto de estar no Barullo as 21:00 h. para a merenda e o cal implicou que eu, ás 21:30h., me levara unha reprimenda telefónica de Xacobe (¡maldita sexa!, xusto aquí tiña que haber cobertura). Inmediatamente nos puxemos de novo a camiñar, pola estrada, para rematar o circuito previsto.

O retraso comentado implicou que non nos puideramos despedir dos participantes chegados de Ponferrada pois inmediatamente de rematar a ruta decidiron marchar, supoño que para non ter que pasar o Porto de Ancares de noite, Non esquezamos que como dí a canción: "El Puerto de Ancares tiene la boca grande y papa a los ancareses". Foi unha pena non poder disfrutar con eles da estupenda merenda-cena que nos tiñan preparada no Barullo.

En fin, como vedes, todo o que eu me plantexo resulta longo pois non sei si vos resultará mais pesada esta crónica que a propia Ruta. Espero que teñades disfrutado tanto como eu disfrutei con vós. Volvo a recoñecer que a ruta era moi longa pero queda demostrado que non hai nada que non se supere con ilusión.

Nas seguintes rutas, ¿si é que vos arriscades a que eu as prepare? procurarei que sexan máis asequibles, ainda que dudo moito que poidan ser máis bonitas.

 






os comentarios foron deshabilitados.