Primeiro ano da investidura de Feijoo como presidente da Xunta,

martes 06 abril 2010

Mentres tanto, ofrecémosvos un cadro comparativo a modo de resumo da acción de deconstrución practicada por Feijoo durante este primeiro ano de (des)goberno.

FUENTE: http://feijoomente.blogaliza.org/?p=1600

Goberno de coalición PSdeG/BNG Goberno Feijóo monocolor (PPdeG)
  • Protección do litoral frente á especulación urbanística.
  • Albor dunha concepción integral do territorio (económica, paisaxística, turística, dotacional e poboacional).
  • Lei de Protección do Medio Rural (barra libre urbanística nos Concellos).
  • Plan de Ordenación do Litoral desprotector dun dos nosos maiores recursos naturais e económicos.
  • Desprotección da Rede Natura no novo escenario eólico e autorización para a construción de novas centrais hidroeléctricas en áreas fluviais xa saturadas.
  • Ordenación do solo con criterios sociais (de discutible implantación pero ben deseñada).
  • Rexistro público e obxectivo de demandantes de VPO.
  • Nova Lei do Solo ao servizo de promotoras, incorporadoras e grandes empresas ambientalmente depredadoras.
  • Derrogación do rexistro de demandantes de VPO e devolución aos alcaldes da potestade de confeccionar as listas.
  • Impulso ás enerxías renovables e potenciamento do tecido empresarial e cooperativo autóctono.
  • Derrogación do concurso eólico e substitución por un trámite en beneficio dos grandes grupos empresariais fundamentalmente foráneos.
  • Renuncia ás primas estatais pola demora en aprobar unha nova norma.
  • Xudicialización do asunto, con serios riscos de indemnizacións millonarias ás contas do erario público.
  • Uso partidista da Asesoría Xurídica da Xunta.
  • Incremento progresivo dos investimentos en educación pública.
  • Inclusión efectiva da educación infantil como dereito social.
  • Escolas infantís construídas pero que non abren as súas portas, á espera de seren previamente privatizadas.
  • Centros de primaria e secundaria que gastan en calefacción o orzamento destinado á adquisición de equipamentos informáticos.
  • Pais e nais que pagarán de novo os libros de texto antes gratuítos.
  • Centros privados segregacionistas que disfrutan dos cartos públicos negados ao conxunto das familias con fillas e fillos en idade escolar.
  • Centros de ensino en proceso de fractura pola guerra lingüística promovida desde a Xunta.
  • Universidades que ven reducido o seu orzamento nun momento crítico de adptación ao Plano Boloña.
  • Construción dun servizo público de atención á dependencia tendente á progresiva universalización.
  • Despedimentos masivos de traballadoras e traballadores.
  • Deixación de funcións na apertura de centros de día xa construídos.
  • Privatización de centros e mesmo de organismos como o SEGASERSO.
  • Proclamación da ilegalidade dunhas oposicións –as do Consorcio– que os tribunais acharon conformes a dereito.
  • Reclamación de máis fondos estatais como único medio de loitar contra o incremento de dependentes desatendidos.
  • Irrisoria denuncia dun buraco orzamentario na atención á dependencia que consistía nunha transferencia do Estado pendente de ser realizada.
  • Ocorrencia de retirar o complemento autonómico aos pensionistas, finalmente retirada diante do balbordo social xerado.
  • Redución notable das listas de espera.
  • Aposta –tímida e incipiente– pola sanidade pública.
  • Aumento nos prazos de espera por atendemento médico e cirúrxico.
  • Posta en marcha dun novo modelo de privatización hospitalaria.
  • Impulso ás industrias culturais galegas tanto no mercado interno como na vertente exportadora.
  • Supresión da feira das industrias culturais (Cultur.gal).
  • Retirada de apoios a todos os sectores creativos.
  • Redefinición dos espazos culturais nun sentido desgaleguizador e ao servizo das transnacionais do entertainment.
  • Diferencial positivo de creación de riqueza e de emprego.
  • Sangría de empregos porcentualmente superior á xa de por si dramática media española.
  • Decrecemento do PIB tamén superior á media española e do entorno europeo.
  • Aprobación de EREs á medida do empresariado (5M€ en axudas á téxtil Caramelo para deslocalizar a súa produción despois de despedir 237 traballadores).
  • Redución do gasto social e do investimento produtivo, cerceando aínda máis as expectativas das empresas en crise e a posibilidade de consolidación de novos sectores produtivos.
  • Renovada aposta polo ladrillismo como panacea para todos os males.
  • Deficit público en 1.200 M€ mentres se pregoa aos catro ventos a austeridade (para os demais) que non se practica (nin na casa nin cos amigos).
  • Vontade de reformar o Estatuto desde o consenso (conseguido na Comisión redactora).
  • Persecución da suficiencia financeira e da asunción de novas competencias.
  • Demora sine die da reforma do Estatuto, orientada a manter unha espada de Damocles sobre o BNG e un engado para o PSdeG, á espera de seren utilizados –un, outro ou ambos recursos– no segundo semestre de 2011, como perfecta cabeza-de-ponte entre as Eleccións Municipais e as Lexislativas españolas.
  • Fracaso na negociación do novo modelo de financiamento autonómico para Galiza, en boa medida como consecuencia de carecer dun novo Estatuto polo veto do PP en 2008.
  • Política lingüística consensuada coa oposición parlamentar.
  • División política e social e constantes ataques á lingua galega (no ensino, nas oposicións, nas axudas culturais...).






os comentarios foron deshabilitados.