Ruta a pé “Coro-Coro por Pico de Surcio”

mércores 27 agosto 2008



A ruta "Coro-Coro por Pico de Surcio" é a primeira dunha serie de rutas adicadas a ir dando a coñecer os distintos pobos que conforman o Val do Rao ademáis de disfrutar da súa paisaxe dende distintos lugares que nos darán unha visión máis ampla do que é o Val do Rao. Asi, durante o percorrido pasaremos polos pobos de Coro, Murias, Robledo, Pelliceira e Rao e visitaremos lugares como o Mirador do Canón do Rio Balouta, o Pico de Surcio e o Cesto da Vara.

 

 

1.- Coro

 Ainda que non teño feitas as correspondentes medicións eu calculo que esta ruta debe andar ao redor dos 20 Kms., pero, polo seu percorrido, a maior parte por pistas (sen asfaltar) e dado que o plantexamento está pensado para facer unha comida a medio camiño, podemos dicir que non se trata dunha ruta demasiado esixente. Ademáis está previsto rematar a ruta cunha boa merenda no Barullo para recuperar forzas.

 

Despois de concentrarnos no Barullo, sairemos polo camiño vello de Murias ata cruzar a Ponte sobre o rio Murias e posteriormente subiremos polo souto de castiñeiros ata chegar a estrada de Balouta. Seguiremos por esta estrada, en dirección a Balouta e bordeando o pobo de Murias para achegarnos ata o Mirador dende onde poderemos contemplar parte do Val do Rao, con Coro no centro, e o Canón do Rio Balouta.

A continuación voltaremos hacia Murias para visitar o pobo.

2.- Murias

 

Despois do paseo polo pobo voltaremos a estrada, esta vez en dirección a Robledo. Cruzaremos o Rio Balouta, pola ponte da Ferrería e despois de subir unha pequena pendente, na que poderemos contemplar o Curtín de Méndez e a Pedriza de Robledo chegaremos ao propio pobo de Robledo.

3.- Robledo

 

Deixamos a estrada e nos introduciremos polo pobo de Robledo ata chegar a pista que vai ata outra pista, a de Rao a Pelliceira.

No ponto de encontro destas dúas pistas, poderemos seguir disfrutando do Val do Rao, tendo á vista os pobos de Coro, Faquís, Laxo e Rao (a vista de páxaro).

Seguiremos pola pista, en dirección a Pelliceira, ata chegar ao Cuatrillón.

4.- Cuatrillón-Pico de Surcio

 

Neste ponto deixaremos a pista de Pelliceira para coller o camín que nos levará á Campa de Surcio. Unha vez na base do Pico de Surcio comezaremos unha ascensión, en zig zag por unha senda ata moi cerca do pico para pasar o outro lado da serra e continuaremos polo camín que nos levará ata Pelliceira.

Os que ainda teñan folgos pódense animar a facer a ascensión ao Pico (merecer, merece a pena).

5.- Pelliceira

 

Despois do paseo polo pobo, onde poderemos ver o Peñón de Pelliceira, voltaremos a coller a pista que vai a Rao e ao comezo da mesma atoparemos a Fonte das Fontaiñas, famosa pola súa auga que din que abre as gañas de comer (supoño que a maioría non necesitará ningunha axuda extra). Neste sitio aproveitaremos para comer os bocatas ¡que falla nos fará!.

Unha vez repostas as enerxías retomaremos a andaina, pola pista de Pelliceira a Rao (¡Ánimo!, que agora todo o camiño será costa abaixo) e pasaremos de novo polo Cuatrillón e o ponto de encontro das pistas de Robledo e Rao. A partir daquí poderemos contemplar un nacente bosque de acebos que se está a formar desde que non hai cabras polo monte e se fan desbroces no monte, respectando as arbres autóctonas. A pouca distancia atoparemos o Cesto da Vara, auténtico Mirador para contemplar o Val do Rao en toda a súa amplitude. Dende aquí poderemos ver os pobos de Meda, Asar, Prebello, Becerral, Faquís e Coro.

Continuando pola pista chegaremos ata Rao.

6.- Rao

 

Unha vez dado unha volta polo pobo, incluindo as visitas obrigadas, se algún o desexa, da Igrexa e a Cantina de Cabozo, tomaremos a estrada de Navia para percorrer o último tramo para voltar a Coro onde nos estará esperando unha suculenta merenda para repoñer forzas.






os comentarios foron deshabilitados.