SOBRE A "REDE NATURA 2000"

luns 03 marzo 2008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
-------------------------------------------------------------------------------

Número do Dog:

216

Páxina do Dog:
13.127

Data da Disposición:
28 de outubro de 1999

Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

Organismo:
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Rango:
Orde

Título:

Orde do 28 de outubro de 1999 pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, como espacios naturais en réxime de protección xeral.

A protección e conservación do noso patrimonio natural é un mandado recollido no artigo 45 da Constitución e unha necesidade para asegura-la pervivencia dos nosos ecosistemas e os seus compoñentes.

Con data do 11 de marzo deste ano o Consello da Xunta de Galicia acorda aprobar unha relación dos lugares como de importancia comunitaria e propoñelos para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000, consonte o disposto no Real decreto 1997/1995, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestes; real decreto que traspón ó ordenamento xurídico español a Directiva 92/73/CEE do Consello, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, o obxectivo do cal é o de contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a adopción de medidas para a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres no territorio da Unión Europea.

O Real decreto 1997/1995 establece no seu artigo 3 que cada Estado membro contribuirá á constitución dunha rede ecolóxica coherente de zonas especiais de conservación, denominada Natura 2000, en función da representación que teñan no seu territorio os tipos de hábitas naturais e os hábitats de especies dos anexos I e II da Directiva 92/43, e para tal fin cada Estado membro designará lugares e zonas especiais de conservación que garantan o mantemento ou, se e o caso, o restablecemento, nun estado de conservación favorable deste tipo de hábitats.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres

crea, no seu artigo 12, diferentes tipos de espacios naturais protexidos. Así mesmo, no seu artigo 21.2º faculta as comunidades autónomas con competencia plena na materia para establecer outras figuras de protección distintas ás establecidas no mencionado artigo 12.

En consecuencia e en virtude das competencias establecidas polo Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, regulouse mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio, a figura de espacio natural en réxime de protección xeral, e creouse o Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia.

Neste rexistro inclúense aqueles espacios de interese natural para os que é necesario asegura-la súa conservación.

O Real decreto 1997/1995, de trasposición da Directiva 92/73/CEE ó noso ordenamento xurídico, establece no seu artigo 5 que os lugares de importancia comunitaria serán declarados pola Comunidade Autónoma correspondente como zonas de especial conservación nun prazo máximo de seis anos.

A Xunta de Galicia vén de envia-la súa proposta de espacios para integrar na Rede Natura 2000. Mentres a Unión Europea non se pronuncia, a Comunidade Autónoma debe garanti-la conservación dos valores que levaron á proposta destes lugares.

O artigo 6 do devandito Decreto 82/1989, do 11 de maio, permite que co obxecto de asegura-la salvagarda dos valores naturais dun espacio para o que estea en tramitación a súa inclusión no rexistro e mentres non se produza a declaración definitiva, se poida aplica-lo réxime de protección propio dos rexistrados. Por todo o exposto

DISPOÑO:
Artigo 1º
Iníciase o trámite de inclusión no Rexistro de Espacios Naturais de Galicia dos lugares sinalados no anexo desta orde.

Artigo 2º
Ante a necesidade de dotar estes lugares dunha protección preventiva, decláranse provisionalmente espacios naturais en réxime de protección xeral, de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio.

Artigo 3º
1. Nestes espacios poderanse seguir levando a cabo de maneira ordenada os usos e actividades tradicionais, así como os previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de marzo de 1999; para o resto requirirase informe preceptivo e vinculante da Consellería de Medio Ambiente, que será solicitado polo promotor ou titular das accións, actividades, proxectos ou obras que se pretendan emprender.

2. De preverse efectos negativos que poidan derivarse das accións que se vaian realizar, a Consellería

de Medio Ambiente poderá esixir un informe de avaliación ambiental co fin de evita-la deterioración dos valores que determinaron a inclusión destes espacios naturais no rexistro xeral, sen prexuízo da aplicación do disposto no artigo 24 da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO
RELACIÓN DE ESPACIOS INCLUÍDOS NA PROPOSTA GALEGA DE REDE NATURA 2000

  NOME CONCELLOS SUPERF. (HA)
 

ANCARES-COUREL BECERREÁ
NAVIA DE SUARNA
PEDRAFITA DO CEBREIRO
SAMOS
POBRA DO BROLLÓN, A
CERVANTES
NOGAIS, AS
FOLGOSO DO COUREL
TRIACASTELA
QUIROGA
O INCIO
 

 

 

 

 

 

 

 

 






os comentarios foron deshabilitados.