Viaxe polos "Ancares” por Goroca

domingo 12 outubro 2008

 Viaxe polos "Ancares”

A "Viaxe polos Ancares" está pensada para facela en dous dias, é dicir, durmindo unha noite no camiño.
Con este percorrido, o viaxeiro pódese facer unha idea do que són "Os Ancares", pero realmente máis que velos hai que vivilos.
Para vivilos, máis detidamente, poden resultar interesantes os datos de Establecementos e a Bibliografía que se citan nas páxinas 11 e 12.
 
 
PLANO DE RUTA





 
 
 
 
 
 
  
 PERCORRIDO
 
1. Baralla (Km 0)
Ó remate da recta, da estrada N-VI, que atravesa o pobo, xusto nunha curva, a dereita, comeza, a esquerda, unha estrada que nos levará polo Val do Neira.
Chegaremos ata unha ponte pola que atravesaremos o Rio Neira e a partires de aqui atoparemos dous cruces que nos levarían O Cereixal. A pouca distancia está o desvio que temos que coller.
1.1 Saída da Autovía hacia NAVIA DE SUARNA
Esta Ruta fíxose antes de que existira a Autovía. Unha vez feita a Autovía xa non é necesario ir a Baralla para comezar a Ruta pois poderemos sair pola saída da Autovía hacia BALEIRA-NAVIA DE SUARNA que hai aproximadamente a 2 Km. do pequeno túnel que existe a altura de Baralla. Iremos a dar á CONDOMIÑA. A partir daquí seguiremos a Ruta marcada.
2            Desvio á dereita: NAVIA DE SUARNA /Ruta da Androlla/ PISCIFACTORIA (Km 6).
Xusto enfrente dun Bar, nace unha estrada, perpendicular á pola que imos circulando, que nos levará ata o cume do monte, onde atoparemos a estrada que vai dende O Cereixal a Louxas.
3.           Desvio á esquerda: NAVIA DE SUARNA/ Ruta da Androlla (Km 15).
Iremos pola lomba dos montes, o que fai que se dominen unhas panorámicas, moi amplas, de media montaña, cos seus vales, con ou sen néboa (depende do tempo) e no horizonte veremos as estribacions da Cordilleira Cantábrica.
4.            Desvio á dereita: NAVIA DE SUARNA/ Ruta da Androlla/ PARADELA (Km 22).
Esta estrada é toda de baixada, bastante pendente, ata chegar á Proba de Navia de Suarna.
O cruzar o rio Navia, a dereita veremos a Ponte Medieval e a esquerda comeza a estrada, que pola ribeira do rio, nos levará ata o empalme coa estrada de Rao.
5. Proba de Navia de Suarna (Km 33).
A eterna ameazada polos encoros, é a capital do concello de Navia de Suarna, centro internacional de pescadores de troitas.
Nun paseo pola vila pódese comprobar que aquí comeza a tranquilidade que se respirará en tódolos Ancares. É moi relaxante un paseo polas veigas da ribeira do rio.
Das suas edificacións cabe salientar o Castelo, no medio da vila, disposto sobre unha rocha, e a Ponte Medieval, á beira do castelo.
A saída do pobo, pola estrada que vai a Becerreá, hai unha Gasolineira ¡é a última Gasolineira!  pola que pasaremos no resto do percorrido ata Becerreá.
6.           Desvio á dereita: RAO ( Km. 37 ).
Despois do paseo pola Proba de Navia, e indo pola estrada que discorre polas veigas da marxe dereita do rio, chégase ata o Empalme da estrada a Rao (a 4 Kms. da Proba).
7. Folgueiras de Aigas (Km 46)
Unha vez pasados os pobos de Muñís e Larxentes e case onde a estrada remata de subir, atópase Folgueiras de Aigas. Dende aquí poderemos ver o comezo do Val do Rio Rao, a esquerda, e o Val do Rego Moia, a dereita.
8. Val do Rao .
A partires de sair de Folgueiras de Aigas iremos disfrutando do Val do Rao. Paisaxe típica de media montaña, con aldeas, prados, árbores (tanto froiteiras como castiñeiros, carballos, ...), moitos regatos, etc.
8.1.           Desvio á dereita: CORO (Conxunto Etnográfico)
Trátase dun pobo que pola boa conservación da súa arquitectura acadou as axudas, dun plano en catro fases, para a súa restauración por parte do Plan Leader da Unión Europea e da Xunta. Ainda que ata o ano 2006 só se executou a primeira fase, merece a pena un paseo polo pobo no que destacan as súas construccións de pedra de pizarra moi ben traballada e a amabilidade das súas xentes sempre dispostas a facilitarnos a visita. Dende Coro poderemos observar parte da ruta que faremos a continuación por Rao, Robledo, Murias. Mirador de Murias e comezo do desfiladeiro polo rio Valouta.
9. Rao (Km 55)
No corazón do val que leva o seu nome, pode ser o lugar perfecto para disfrutar duns días de tranquilidade, ademáis de ser punto de partida de numerosas rutas de media montaña e atoparse rodeado por moitas pequenas aldeas, que non son aínda obxecto do turismo masivo.
10. Cesto da Vara (Paseo de aproximadamente 1/2 hora).
Unha vez aparcado o coche na fermosa praza da Pumarega, pode resultar moi agradable dar un paseo polo pobo de Rao dirixindose cara ó Cesto da Vara, pola pista de Pelliceira. Dende o Cesto da Vara domínase todo o Val do Rao e a sensación de placidez é total.
11.            Desvio a esquerda: MURIAS/VALOUTA (0,5 Km. dende Rao).
Despois do paseo e de novo no coche, pola estrada de Rao a Proba de Navia de Suarna, atópase o Empalme, a esquerda, da estrada que vai a Murias e Balouta.
12. Robledo
É o primeiro pobo que se atopa nesta estrada. Aquí nacía o camiño vello de Balouta (posible ruta de senderísmo).
Pouco despois de pasado Robledo, e na outra ladeira do val podemos ver o pobo de Coro.
13. Murias de Rao
Hoxe en dia debe ser o pobo mais poboado da parroquia de Rao.
Enriba do pobo, o lado dereito do depósito da auga, comeza a pista que vai á Braña de Pan do Zarco, pasando por debaixo da Pena de Murias, por riba dun dos mellores curtins do Val do Rao e rematando na propia braña. 
14. Mirador de Murias
Ó pouco de deixar Murias e xusto onde empeza o desfila­deiro polo que  vai a estrada de Valouta, hai un lugar dende o que se pode comprobar a "serpe" que forma a estrada para subir ata Murias e o impresionante relevo deste desfiladeiro.
A partir deste punto é convinte ir pendente da estrada pois en calquer intre pódense atopar pedras de desprendimentos no medio da mesma.
 En pouco tempo éntrase na provincia de León.
15. Valouta (14,5 Km. dende Rao)
Como o seu nome indica, trátase dun Val-Outo, 1000 m. de altitude e rodeado de picos de case 2000 m.
Un paseo por Valouta pode resultar moi agradable tanto por ver as pallozas como pola hospitalidade das suas xentes.
16. Cruz da Cespedosa (2,5 Km. dende Balouta)
Neste cruce nace, a dereita, a estrada que vai a Suarbol e Pior-nedo. Si seguimos pola estrada, a esquerda, vaise ata o Porto de Ancares e se continuáramos chegaríamos ata Vega de Espinareda e finalmente ata Ponferrada.
17. Porto de Ancares
Casi 1800 m. de altitude. Dende aqui domínase, cara un lado, o Val dos Ancares Leoneses e cara o outro unha ampla panorámica dos montes de Galicia. Din que en días claros pódese ver ata Fonsagrada.
18. Mirador de Valouta
Nun pequeno desvio a esquerda do Porto, a 100 m., atópase o Mirador de Valouta dende onde se ve todo o Val coa sua pradería.
19. Mirador de Suarbol e Piornedo
Unha vez collido de novo o coche e volvendo cara a Valou­ta, na primeira curva pechada, está o Mirador de Suarbol e Piornedo.
20.          Desvio a esquerda: SUARBOL/PIORNEDO
Baixando do Porto de Ancares e de novo na Cruz da Cespedo­sa, pola esquerda, comeza a estrada que vai a Suarbol e Pior­nedo.
21. Suarbol (4,5 Km. dende a Cruz da Cespedosa)
Pobo semellante a Valouta no que chaman a atención os seus tellados de lousa, moi novos. Esto débese a que, ó igual que o resto dos pobos da zona, as casas eran de palla pero queimáron­se e reconstruíronse de lousa.
22. Piornedo (3,5 Km. dende Suarbol)
Pódese considerar o lugar turístico por excelencia dos Ancares.
Á entrada do pobo hai unha placa de pedra coa seguinte ins-cripción: "Aldea pre-romana". O seu conxunto de pallozas é considerado por algúns etnólogos como unha pervivencia de épocas celtas.
Na Palloza Museo, no pico do pobo, pódese ver como era unha palloza por dentro e os aparellos tradicionais para as distintas labouras tanto do campo como artesanais.
23. Piornedo-Suarbol
Entre Piornedo e Suarbol hai unha gran carballeira onde ata hai pouco tempo había algún carballo de mais de 11 m. de circunferencia na base. Un percorrido por esta carballeira pode resultar un paseo moi agradable observando a natureza.
24.            Desvio a esquerda: DOIRAS/SAN ROMAN (2 Km. dende Pior-nedo)
O sair de Piornedo cóllese a esquerda para ir ata Campa da Braña. Estrada estreita que vai pola parte outa do Val de Donís.
25. Campa da Braña (19 Km. dende Piornedo)
 Punto de partida da maioría das excursions e marchas que percorren Os Ancares.
26. Albergue do Club Ancares
En Campa da Braña, a esquerda sae un desvio (1,5 Km.) para o Albergue do Club Ancares e o pico Tres Bispos.
27.           Desvio a dereita: SAN ROMAN
A pouca distancia de Campa da Braña e a man dereita, meténdose cara ó monte, comeza unha estrada que vai polo cume dos montes ata San Román. Como a estrada vai baixando as pano­rámicas son inmensas.
28. San Román de Cervantes
 É a capital do Concello de Cervantes.
29. Liber
 Aquí é por onde normalmente entran os turis­tas para ir Os Ancares.
30. Becerreá
En Becerreá péchase o circulo da "Viaxe polos Ancares".
 
SUXERENCIAS
- Na montaña a distancia mídese en unidades de tempo; os kilometros non son útiles debido a que un maior ou menor desnivel desvirtúaos.
 
 
- Respecta o patrimonio natural. Non tires lixo (o que produzas deberá acompañarte ata a fin da viaxe, non hai recollida de lixo).
 
E.......para recuperarse....
 
  
ESTABLECEMENTOS PARA COMER (C) OU DURMIR (D)
 
Proba de Navia:    - Gasolineira/Bar-Restaurante (C). Tfno. (982).36.51.48
- Churrasco “MARIBEL” (C). Tfno. (982).36.51.72
- Bar-Restaurante H-3 (C). Tfno. (982).36.51.13
- Bar-Restaurante “ROLANDO” (C). Tfno. (982).36.51.14
- Bar-Restaurante “AARAU” (C). Tfno. (982).36.50.32
- Bar-Restaurante“CENTRO”(C e D). Tfno.(982).36.50.84
-Habitaciones “DEPORTE” (D). Tfno. (982).36.50.11
- Hotel de Naturaleza “CASA SUARNA” (D). Tfno. (982).36.52.66, www.casasuarna.com
Folgueiras de Aigas: - Casa de Turismo Rural “MANGUEIRO” (C e D).Tfno. (982).36.50.30
Coro: - Cantina “O Barullo” (C) comidas por encargo Tfno. (982) 16.14.60, www.aldeadecoro.com
Rao: - Cantina “CABOZO” (C). Tfno. (982).36.51.26
Valouta:- Centro de Turismo Rural “MIRAVALLES”(C e D). Tfno. (987).68.99.89
Piornedo: - Hostal “PIORNEDO” (C e D). Tfno. (982).16.15.87 e 15.13.51
- Cantina “MUSTALLAR” (C e D). Tfno. (982).15.17.17
- Casa “ROXO” (Casa de Labranza) (D). Tfno. (982).15.16.41
Campa da Braña: - Mesón “CAMPA DA BRAÑA (C e D). Tfno. (982).36.82.95
- Albergue “CLUB ANCARES” (C e D). Tfno. (982).36.83.14
San Román de Cervantes: - Hostal “BELON” (C e D). Tfno. (982).36.45.15
 
TELEFONOS DE INTERÉS- Navia de Suarna:
Concello (982).36.51.66
Garda Civil (982).36.50.02
- Cervantes:
Concello (982).36.45.29
Garda Civil (982).36.45.65
- Becerreá:
Concello (982).36.00.04
Garda Civil (982).36.00.06 
BIBLIOGRAFIA
 
- SIERRA DE PICOS DE ANCARES
Autor.- Narciso Peinado Gómez
Colección "Temas Lugueses"
Ediciones Celta. 1974
 
- SIERRA DE "OS ANCARES"
Autor.- Manuel Cela e Antonio Callejo
Editorial.- Folleto da Consellería de Industria, Comercio e Turismo da Xunta de Galicia. 1988
 
- LUGO, TERRA DE LEMOS. OS ANCARES. O COUREL
Autor.- Xosé Luis Laredo Verdejo
Serie.- Galicia Enteira, nº 10
Colección.- Guias "MONTES E FONTES"
Edicions Xerais de Galicia. 1989
 
- LOS ANCARES (Leoneses)
Autor.- José Luis Alonso Ponga
Editorial.- Edilesa. 1992
 
- UN ANO NOS ANCARES
 Autor.- Xurxo de Vivero
Serie.- Roteiros
Colección.- MONTES E FONTES
Edicions Xerais de Galicia. 1994
 
- ITINERARIOS POR LOS ANCARES
Autor.- Ignacio García Barba
Editorial.- Ediciones Lancia. 1994
 
- ANCARES
Autor.- José Varela e Xurxo Lobato
Edita.- Fundación Caixa Galicia. 1994
 
- OS ANCARES “IMÁGENES”
Autor.- José Luis Coedo Novo
Editorial.- Everest, S.A. e Asociación Desarrollo Os Ancares
 
- OS ANCARES “31 Rutas de Senderismo por los Ancares Lucenses”
Autor.- José Luis Coedo Novo
Editorial.- Everest, S.A. e Asociación Desarrollo Os Ancares
 
MAPAS
- MAPA DE LA SIERRA DE LOS ANCARES
(Mapa esquemático)
Autor.- Gerardo García Pardo
Edita.- Club Montaña Ferrol
 
- MAPA-GUIA "SIERRA DE ANCARES"
Escala.- 1:50.000
Autor.- A. Pérez Alberti y Xunta de Galicia
Edita.- Instituto Geográfico Nacional. M.O.P.T.
 
- MAPA PROVINCIAL DE LUGO
Escala.- 1:200.000
Edita.- Exma. Diputación Provincial de Lugo
 
- MAPA-GUIA “COMARCA OS ANCARES”
Edita.- Asociació de Empresarios Turísticos “Comarca Os Ancares” e Fundación Comarcal “Ancares”
 
- MAPA DE CARRETERAS “ANCARES LUCENSES”
Escala.- 1:80.000
Edita.- Editorial Everest para Asociación “Os Ancares”
 
 
...máis información nas seguintes Páxinas Web:
www.losancares.com
www.xente.mundo-r.com/NAVIAdeSUARNA/
http://groups.msn.com/1naviadesuarna
www.aldeadecoro.com
www.muriasderao.tk
www.laxo.es
http://piornedoceive.iespana.es/
www.galiciadigital.com/piornedo/index.php
http://jessferro.blogs-r.com/weblog/page/jessferro






os comentarios foron deshabilitados.